No 3º trimestre, traballamos nas aulas a historia "From Head To Toe" do queridísimo autor Eric Carle (finado recentemente) e así ampliamos vocabulario dos animais, accións e partes do corpo.
Coa axuda da Teacher Hannah, a auxiliar de conversa coa que contamos este curso, o alumnado de 2º A e 2º B preparou este contacontos nas clases de English.
Como produto final do proxecto das Seccións Bilingües (nas clases de Arts e English) elaboramos un magnífico "Big Book" con esta historia que quedará rexistrado na Biblioteca do noso centro. Aquí amosamos un contacontos elaborado coas imaxes das súas páxinas. A nós gustounos moito o resultado.
Grandísimo traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario